BUCEANDO EN BUSCA DOS SUBMARINOS E OS AVIÓNS ALEMÁNS.

Como todos sabemos, na Segunda Guerra mundial, España non entrou en guerra, pero aínda así oubo moitísima actividade bélica en Galicia, e principalmente na nosa costa frente  á  ría de Muros Noia. Explícome…

Meu avó (Marcelino do Campanario), tiña unha mina en Baroña, no monte do Seán, a carón do Castro de Baroña. Na mina extraíase o volfran  ou Wolframio, que é un mineral que no seu momento utilizaban entre outras cousas para aleacións de metales.

O mesmo que meu avó, moita xente adicábase a traballar a minería que daba moitos cartiños; por exemplo, son famosa as minas de San Fins en Lousame, que tamén sacaban volfran.

Durante a Segunda Guerra Mundial, viñan barcos alemáns a cargar wolframio á ría de Muros pois utilizábano para alear metales, por exemplo darlle mais dureza os cañóns. Os convois de barcos viñan protexidos por submarinos e avións.  (Lobos acosados de J.A.Tojo).

Por outra banda, os aliados, tentaban impedir que os cargamentos chegasen a destino. Ese detalle fixo que Galicia fose un dos puntos quentes da contenda…

Temos un dato histórico que en Galicia afundíronse uns 26 submarinos alemáns, tres deles na ría de Muros Noia. Pero non sabemos onde…

Tamén temos constatado un avión KONDOR polo Sur de Monte Louro. (FOKE WULF FW 200 KONDOR C3-U (Galician Shipwrecks Miguel San claudio).

Esta información está constatada polos historiadores, pero ainda hoxe no Porto do Son se comenta o asunto. Falando un día co meu amigo Paiño (Un dos vellos lobos de mar), comentábame que dous vellos mariñeiros, axudaron a sacar a dous pilotos dun avión siniestrado durante a guerra (Neste caso eran americanos), e regaláronlle unhas cazadoras de coiro chulísimas, que ainda el se acorda de velos con elas. (doume os nombres pero non lle fixen moito caso.) Ousea, que algo de realidade temos…

Por outra banda, Dí a lenda, a historia, o disque disque… que naquel tempo, uns mariñeiros de Muros, chegaron a terra con unha boia grande de ferro, que atoparon no mar, tiraron dela e estaba enganchada ó fondo, despois de moito tirar, non arriaba e  picaron o cabo; decidiron traela para terra xa que se podía vender, pois o ferro pagábase moi ben por aqueles anos. Cal foi a súa sorpresa cando alguén lles dixo ISO É UNHA BOIA DE SEGURIDADE DE UN SUBMARINO. Cando os submarinos non poden subir a superficie, soltan a boia de seguridade por si alguén pode subilos. Con ese feito de picar o cabo, sentenciaron a unha morea de homes á morte.

Ante tal situación o conto caluose, pero atando fios, todo volve a ter conexión, e ese conto ten moito fundamento para ser verdá.

Ahora nós… Nós andamos a procura de esas historias… Temos indicios de un obxecto afundido frente a Muros. O meu amigo Xurelo, doume unha marca de un obxecto en trinta e tantos metros de fondo, que ben podería ser…

O Sábado vamos ir a Baia a facer unha inmersión profunda (30 metros) á procura do Jarruncho, que presumiblemente son uns ferros no fondo sin identificar…

O Domingo iremos a Montelouro a procura do AVIÓN FOKER ALEMÁN (Inmersión profunda 30 metros). Faremos unha segunda inmersión nos restos do GALEÓN (Inmersión Sucesiva 15 metros), seguramente pertenecente á  ARMADA DE PADILLA, a segunda Armada invencible. Outro día falaremos dela, xa que se perderon uns 25 galeóns entre Corrubedo e Finisterre cando viñan 175 naves dende Lisboa para Ferrol, para xuntarse ca flota do Cantábrico e tirar rumbo norte contra os ingleses.

Si tivestes o valor de chegar lendo ata aquí… Gracias.  Dalle o Me gusta no Facebook.