BUCEANDO EN BUSCA DOS SUBMARINOS E OS AVIÓNS ALEMÁNS.

Como todos sabemos, na Segunda Guerra mundial, España non entrou en guerra, pero aínda así oubo moitísima actividade bélica en Galicia, e principalmente na nosa costa frente  á  ría de Muros Noia. Explícome…

Meu avó (Marcelino do Campanario), tiña unha mina en Baroña, no monte do Seán, a carón do Castro de Baroña. Na mina extraíase o volfran  ou Wolframio, que é un mineral que no seu momento utilizaban entre outras cousas para aleacións de metales.

O mesmo que meu avó, moita xente adicábase a traballar a minería que daba moitos cartiños; por exemplo, son famosa as minas de San Fins en Lousame, que tamén sacaban volfran.

Durante a Segunda Guerra Mundial, viñan barcos alemáns a cargar wolframio á ría de Muros pois utilizábano para alear metales, por exemplo darlle mais dureza os cañóns. Os convois de barcos viñan protexidos por submarinos e avións.  (Lobos acosados de J.A.Tojo).

Por outra banda, os aliados, tentaban impedir que os cargamentos chegasen a destino. Ese detalle fixo que Galicia fose un dos puntos quentes da contenda…

Temos un dato histórico que en Galicia afundíronse uns 26 submarinos alemáns, tres deles na ría de Muros Noia. Pero non sabemos onde…

Tamén temos constatado un avión KONDOR polo Sur de Monte Louro. (FOKE WULF FW 200 KONDOR C3-U (Galician Shipwrecks Miguel San claudio).

Esta información está constatada polos historiadores, pero ainda hoxe no Porto do Son se comenta o asunto. Falando un día co meu amigo Paiño (Un dos vellos lobos de mar), comentábame que dous vellos mariñeiros, axudaron a sacar a dous pilotos dun avión siniestrado durante a guerra (Neste caso eran americanos), e regaláronlle unhas cazadoras de coiro chulísimas, que ainda el se acorda de velos con elas. (doume os nombres pero non lle fixen moito caso.) Ousea, que algo de realidade temos…

Por outra banda, Dí a lenda, a historia, o disque disque… que naquel tempo, uns mariñeiros de Muros, chegaron a terra con unha boia grande de ferro, que atoparon no mar, tiraron dela e estaba enganchada ó fondo, despois de moito tirar, non arriaba e  picaron o cabo; decidiron traela para terra xa que se podía vender, pois o ferro pagábase moi ben por aqueles anos. Cal foi a súa sorpresa cando alguén lles dixo ISO É UNHA BOIA DE SEGURIDADE DE UN SUBMARINO. Cando os submarinos non poden subir a superficie, soltan a boia de seguridade por si alguén pode subilos. Con ese feito de picar o cabo, sentenciaron a unha morea de homes á morte.

Ante tal situación o conto caluose, pero atando fios, todo volve a ter conexión, e ese conto ten moito fundamento para ser verdá.

Ahora nós… Nós andamos a procura de esas historias… Temos indicios de un obxecto afundido frente a Muros. O meu amigo Xurelo, doume unha marca de un obxecto en trinta e tantos metros de fondo, que ben podería ser…

O Sábado vamos ir a Baia a facer unha inmersión profunda (30 metros) á procura do Jarruncho, que presumiblemente son uns ferros no fondo sin identificar…

O Domingo iremos a Montelouro a procura do AVIÓN FOKER ALEMÁN (Inmersión profunda 30 metros). Faremos unha segunda inmersión nos restos do GALEÓN (Inmersión Sucesiva 15 metros), seguramente pertenecente á  ARMADA DE PADILLA, a segunda Armada invencible. Outro día falaremos dela, xa que se perderon uns 25 galeóns entre Corrubedo e Finisterre cando viñan 175 naves dende Lisboa para Ferrol, para xuntarse ca flota do Cantábrico e tirar rumbo norte contra os ingleses.

Si tivestes o valor de chegar lendo ata aquí… Gracias.  Dalle o Me gusta no Facebook.

9 Comments

  • Jaime dice:

    “Durante a Segunda Guerra Mundial, viñan barcos alemáns a cargar wolframio á ría de Muros pois utilizábano para alear metales, por exemplo darlle mais dureza os cañóns. Os convois de barcos viñan protexidos por submarinos e avións. (Lobos acosados de J.A.Tojo).”

    Donde pone Lobos Acosados eso? Lo he leído de arriba abajo y creo que estáis mezclando informaciones de forma incorrecta. El autor nunca ha dicho tal cosa. Los convoys a los que aludís eran aliados. Y no iban protegidos por submarinos, sino por destructores. Los alemanes jamás llevaron el wolframio gallego en barcos.

    • admin dice:

      Amigo Jaime.
      Bueno, despois de esas afirmacións tan caregóricas que fas, non poño en duda de que algo do tema sabes
      Unha preguntiña…
      ¿ Tí crees que temos algún tipo de restos no fondo da ría de Muros-Noia ou alrededores, en relación a Segunda Guerra Mundial, relacionada ou non co Volframio?
      Gracias.

  • admin dice:

    Amigo Jaime. MIL DISCULPAS… Efectivamente esa información non foi sacada de Lobos acosados.
    De todos xeitos, Fernando Patricio Cortizo, no seu libro HISTORIA DA COSTA GALEGA E OS SEUS NAUFRÁXIOS, fala do volframio. (páx. 224-225)
    Dí textualmente: “Os submarinos alemáns, á parte de afundir buques fronte as nosas costas, tiñan unha misión principal: facer de escolta ós mercantes do seu país que cargaban este mineral durante as arribadas e saídas dos distintos portos galegos… Galiza proporcionou a este país o 30 % do volframio…
    Amigo Jaime, vexo que estás metido na materia, para ler Lobos acosados, ten que gustarche moito o asunto.
    A min gustaríame participar dos teus coñecementos, xa que posiblemente teñas algúns datos de naufraxios, afundimentos, etc, que tí nos poideras facilitar. Eu non quero entrar en debate contigo. A min o que me gusta é bucear, e si é en algún resto de naufráxio, pois mellor.
    Nós vamos moi a miúdo a visitar os restos de naufraxios, por exemplo no galeón que está por fora do neixón, e eso os nosos clientes, resúltalles un gran atractivo.
    Si tes algunha información relacionada co tema, sería un enorme pracer falar contigo, e si non tes, tamén.
    Anímate e vente a bucear con nós.

  • Jaime dice:

    Patricio Cortizo dice muchas cosas, igual que Lino Pazos. Otra cosa es que las demuestren. Ni un solo submarino alemán escoltó buques alemanes en semejantes labores. Ahí están los KTBs para quien quiera comprobar este dato. Esos ni inventan, ni mienten.
    El wolframio se enviaba en tren por tierra.
    Tengo datos de hundimientos. En concreto, de 1.600 naufragios ocurridos en el siglo XX. Solo dispongo de datos de ese siglo, ningún otro.
    Un saludo.

  • admin dice:

    Amigo Jaime.
    Bueno, despois de esas afirmacións tan categóricas que fas, non poño en duda de que algo do tema sabes
    Unha preguntiña…
    ¿ Tí crees que temos algún tipo de restos no fondo da ría de Muros-Noia ou alrededores, en relación a Segunda Guerra Mundial, relacionada ou non co Volframio?
    Gracias.

  • Jaime dice:

    En la Ría de Muros y Noia (o muy próximos) en relación con la Segunda Guerra Mundial, esto es lo que hay:
    05/03/1940. Chalana Manuela. Cón de Guimerán. Corrubedo. Un fallecido.
    29/05/1940. Petrolero británico Telena. Destruido a ca;onazos por el U 37 en las inmediaciones de Muros. 42.25N, 09.08W. 36 tripulantes. 18 bajas.
    12/07/1940. Avión FW 200 Kondor alemán.
    05/04/1943. B-26B2 Marauder (41-17856) 452 Sq. USA. Capt. Lee W. Rice. Hundido por avión alemán en las inmediaciones de Corrubedo. 5 tripulantes, todos rescatados por embarcación de pesca costera.
    14/07/1944. Pesquero Crusat. Corrubedo. Encallado. 23 tripulantes. 3 bajas.
    01/04/1945. Pesquero Cartagena III. Matrícula de Aguiño. Encallado en bajo Rinchador. Corrubedo. 23 tripulantes, todos bajas. Parcialmente recuperado por navío de la empresa José Teira.
    01/12/1945. Pesquero Anxelo. Matrícula de Noia. Encallado en Cabo Falcoeiro. Parcialmente recuperado por navío de la empresa José Teira.

    Hay muchos pecios de la Segunda Guerra Mundial, muchos de ellos en torno a Fisterra, aunque también en Ortegal, Vigo y resto de rías. La cifra de embarcaciones hundidas durante el período que apuntas se desglosa del siguiente modo: 1939 (13), 1940 (43), 1941 (13), 1942 (14), 1943 (53), 1944 (11), 1945 (hasta Abril) (11, ninguna de ellas por causa belli). En total 158 hundimientos, la mayoría de ellos por causas ajenas al conflicto. Ni un solo buque transportaba wolframio.
    Espero que la información te sirva de ayuda.

  • Jaime dice:

    Como puedes observar, en esa ría solo hay 3 (Telena, FW 200, Marauder) pecios relacionados con el conflicto.
    El resto son pérdidas de embarcaciones civiles, ajenas por completo a la guerra.

  • Jaime dice:

    En esa ría concreta está hundido (29-05-1940) el petrolero británico Telena (U 37), un FW 200 Kondor alemán (12/07/1942) y un B-26B2 Marauder norteamericano (05/04/1943). Eso es todo.
    Ninguno de ellos transportaba wolframio.
    Un saludo.

  • admin dice:

    Moitas gracias Jaime pola túa información.
    ¿Tés algun dato de naufraxio cerca da nosa ría (Muros Noia), ainda que non sexa da segunda guerra mundial ?

Responder a admin Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *